Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS650A (expediente 150009113).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación da resolución da reclamación previa ditada pola xefatura territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causa non imputable á Administración, a través deste anuncio notifícaselle a devandita resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro da resolución. Transcorrido o prazo, de non facelo, darase por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase, como consta na devandita resolución, que esgota a vía administrativa, contra ela poderá interpor demanda ante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 4 de abril de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150009113

32412838L

Estimación

31.1.2022