Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150022911 e dous máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notificaranse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, e emprázanse para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, no caso de non facelo, terase por practicada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique nos requirimentos, unha vez notificados tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 4 de abril de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A.

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150022911

16601654R

Requirimento de documentación

22.2.2022

ANEXO II

Procedemento BS650G.

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150070616

48112498V

Requirimento de documentación

18.2.2022

150038618

49473921R

Requirimento de documentación

8.2.2022