Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia.

A Consellería de Política Social está a tramitar o proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía nesta trámitación administrativa,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia.

Segundo. O texto do proxecto do decreto poderá consultarse no Portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas e a cidadanía en xeral poderán presentar as proposicións, suxestións ou recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto na ligazón do Portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions, ou a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas non obrigadas ao emprego dos medios electrónicos poderán presentar as súas proposicións, suxestións ou recomendacións por medio dun escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, Edificio Administrativo San Caetano, 8A, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social