Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Senra Cardama Vilarromarís II (Oroso-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

DNI

Nº de propietario

Acto notificado

00137469K

25

T.A 29.03.2022 modificación do acordo