Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 22 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costa (ampliación) a favor dos veciños/as da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santo Estevo, na parroquia de Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), no concello de Carballeda de Avia (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 9 de marzo de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costa (ampliación) a favor dos veciños/as da CMVMC de Santo Estevo, na parroquia de Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), no concello de Carballeda de Avia (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 5 de febreiro de 2020, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da comunidade de montes de Santo Estevo, no que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Da Costa (ampliación).

Segundo. Con data do 23 de xuño de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación obrante no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Da Costa (ampliación).

Superficie: 7,35 ha.

Pertenza: CMVMC de Santo Estevo.

Parroquia: Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo).

Concello: Carballeda de Avia.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Zona A:

Parcela obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32019A04801831 (parte da parcela)

Norte

32019A04800102

32019A04800070

32019A04809006

32019A04800069

Leste

32019A04809007

32019A04801831 (resto da parcela)

Sur

32019A04800562

Oeste

32019A04800109

32019A04800108

32019A04800107

32019A04800106

32019A04800105

32019A04800104

32019A04800103

Zona B:

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32019A04801821

Norte

32019A04509014

Leste

32019A04809016

Sur

32019A04809012

Oeste

32019A04801817

001403700NG68D

32019A04809007

32019A04801765

32019A04801764

Enclavada

001402400NG68D

Zona C:

Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas pola estrada e os camiños coas referencias catastrais 32019A04509004, 32019A04509003, 32019A04509002, 32019A04509014 e 32019A04809001.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32019A04501448

32019A04501447

32019A04501462

32019A04501461

32019A04801771

32019A04801773

32019A04801774

Norte

32019A04500998

32019A04500997

32019A04500996

32019A04500995

32019A04500994

32019A04500993

32019A04500992

32019A04309055

32019A04501476

Leste

32019A04509001

32070A00909006

32070A00900001

32070A00809001

32070A00800003

Sur

32070A00800002

32019A04801695

32019A04801693

32019A04801692

32019A04801691

32019A04801688

32019A04801685

32019A04801684

32019A04801682

32019A04801679

32019A04801678

32019A04801677

32019A04801675

32019A04801672

32019A04801671

32019A04801665

32019A04801664

32019A04801663

32019A04801661

32019A04801667

32019A04801660

32019A04801845

001500100NG68D

001500200NG68D

Oeste

32019A04801753

32019A04801754

32019A04801756

32019A04801757

32019A04801758

32019A04801759

32019A04801760

32019A04509005

32019A04500966

32019A04500967

32019A04500969

32019A04500972

32019A04500973

32019A04500974

32019A04500975

32019A04500979

32019A04500980

32019A04501453

32019A04500984

32019A04500985

32019A04509006

32019A04500986

32019A04500987

32019A04500991

32019A04500990

32019A04501028

32019A04501027

32019A04501026

32019A04509007

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Da Costa (ampliación) a favor dos veciños/as da CMVMC de Santo Estevo, na parroquia de Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), no concello de Carballeda de Avia (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de abril de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense