Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 8 de abril de 2022, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 10.065 do polígono 501, zona 3, do termo municipal de Guntín.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 8 de abril de 2022, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 10.065 do polígono 501, zona 3, no termo municipal de Guntín (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 7 de marzo de 2022.

Lugo, 20 de abril de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo