Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación dun incumprimento en materia de montes a un titular descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 68.bis.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido a que non se pode determinar a identidade da persoa responsable dunha infracción en materia de montes, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Montes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.

Lugo, 21 de abril de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral das parcelas afectadas

Acto de notificación

DMM 97/2021

Descoñecido

27049A029001720000BE

Requirimento