Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 22 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social RL 2022/0007-4 e dous máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e no prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0007-4.

Acta: I362021000047695.

Empresa: Café Bar La Ilusión 2020, S.L.

Enderezo: rúa García Barbón, 63, baixo, porta DR, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigos 14.2, 16.1 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1, 39.3 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 11.3.2022.

Resolución: multa de 4.000 €.

Expediente: RL 2022/0019-4.

Acta: I362021000047392.

Empresa: Café Bar La Ilusión 2020, S.L.

Enderezo: rúa García Barbón, 63, baixo, porta DR, Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 18.2 da Lei 23/2015, ordenadora do sistema de inspección de traballo e seguridade social, do 21 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 39 e 50.4.c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 18.3.2022.

Resolución: multa de 6.251 €.

Expediente: RL 2022/0014-4.

Acta: I362021000050628.

Empresa: Patacas e Froitas García, S.L.

Enderezo: avenida Galicia, 272, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 18.3.2022.

Resolución: multa de 3.126 €.

Vigo, 22 de abril de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra