Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Guldriz, concello de Friol (expediente 92_80/2022_8).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 31.3.2022 figura o seguinte acordo:

MVMC Guldriz (expediente 92/80), pertencente aos veciños da parroquia de Guldriz, concello de Friol.

Na sesión do 15.3.2006, o xurado acordou a modificación deste monte de acordo co auto xudicial do 21.6.2004, do Xulgado de Primeira e Instancia e Instrución número 6 de Lugo (xuízo ordinario 514/2003). Para levar a cabo a identificación dos predios obxecto de exclusión tivéronse en conta os planos achegados polo dito xulgado.

O Servizo de Montes detectou que non foron excluídas as parcelas do polígono catastral 294, tamén afectadas por este procedemento xudicial, situadas no plano do xulgado na peza denominada Rego Salgueiro. Para os efectos de garantir o cumprimento da resolución xudicial, cómpre a exclusión dos ditos predios (aínda que parte deles non están dentro do perímetro do esbozo).

Tendo en conta o anterior, o 25.3.2022, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións resultantes no monte Guldriz, que pasa a ter unha superficie de 203 hectáreas.

Examinada a sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar novamente cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do novo esbozo ao expediente.

O esbozo resultante pódese ver no anexo, ao final deste anuncio.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 20 de abril de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO