Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 30/77 e tres máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitarlle ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión realizada polo xurado provincial o día 31.3.2022 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Cebres (expediente 30/77), pertencente aos veciños do lugar de León, parroquia de León, concello de Portomarín.

O 22.7.2020 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de León, para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a documentación que achega.

O 26.11.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2020_32) na cal a superficie do monte Cebres pasa a ser 41,0606 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, que se insire ao final deste anuncio.

– MVMC Común e Lameiros (expediente 73/80), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cristina de Paradela, concello de Paradela.

Os días 29.6.2021 e 30.6.2021 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Santa Cristina de Paradela para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a documentación que achega.

O 11.3.2022, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2021_24) na cal a superficie do monte de Común e Lameiros pasa a ser de 17,1987 hectáreas. Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento co MVMC Alto da Serra.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, que se insire ao final deste anuncio.

– MVMC Alto da Serra (expediente 73/80), pertencente aos veciños do lugar da Serra, parroquia de Santa Cristina de Paradela, concello de Paradela.

Os días 29.6.2021 e 30.6.2021 tivo entrada unha solicitude da Comunidade da Serra, para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a documentación que achega.

O 22.3.2022 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2021_25) na cal a superficie do monte de Alto da Serra pasa a ser de 16,3479 hectáreas. Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento co MVMC Común e Lameiros.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, que se insire ao final deste anuncio.

– Monte Coea (expediente 94/77), pertencente aos veciños do lugar de Coea, parroquia de Castañedo, no concello de Navia de Suarna.

O día 16.3.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Coea (mellorada o 25.3.2022) para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a documentación que achega.

O 28.3.2022, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2022_10) na cal a superficie do monte de Coea pasa a ser de 253,8429 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, que se insire ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 20 de abril de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO I

Esbozo revisado do MVMC Cebres. Portomarín

missing image file

ANEXO II

Esbozo revisado do MVMC Común e Lameiros. Paradela

missing image file

ANEXO III

Esbozo revisado do MVMC Alto da Serra. Paradela

missing image file

ANEXO IV

Esbozo revisado do MVMC Coea. Navia de Suarna