Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 73/80 e cinco montes máis).

Na sesión do día 31.3.2022, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– Monte Común e Lameiros (exp. 73/80), pertencente aos veciños da parroquia de Paradela, e monte Alto da Serra (exp. 73/80), pertencente aos veciños da Serra, parroquia de Paradela, ambos no concello de Paradela.

O 29.6.2021 foi presentada unha solicitude (mellorada o 30.6.2021, 14.12.2021 e 28.2.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 25.3.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2021_23) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, e cuxas superficies pasan a ser:

− MVMC Común e Lameiros, 16 hectáreas

− MVMC Alto da Serra, 12 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Fiosa e Toxedelo (exp. 12/81), pertencente aos veciños de Ardevila, parroquia de Dorna, e monte Vilaver (exp. 105/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilaver, ambos no concello de Cervantes.

O 17.7.2021 foi presentada unha solicitude (mellorada o 10.11.2021 e 17.1.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Becerreá e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 3.2.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2021_28) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, e cuxas superficies pasan a ser:

− MVMC Fiosa e Toxedelo, 148 hectáreas.

− MVMC Vilaver, 405 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– Monte Vilaxuste (exp. 19/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilaxuste, e monte Nespereira (exp. 17/75), pertencente aos veciños da parroquia de Nespereira, ambos no concello de Portomarín.

O 29.10.2021 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Portomarín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 11.2.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2021_41) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, e cuxas superficies pasan a ser:

− MVMC Vilaxuste, 472,7 hectáreas.

− MVMC Nespereira, 283,2 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 20 de abril de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Común e Lameiros con Alto da Serra. Paradela

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Fiosa e Toxedelo con Vilaver. Cervantes

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Vilaxuste con Nespereira. Portomarín

missing image file