Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sobre a solicitude de declaración mineromedicinal e termal das augas da sondaxe O Baño 109, no concello de Bande, provincia de Ourense.

Consonte o artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, dáse a coñecer que o día 1.2.2022, por instancia do Concello de Bande, se solicitou a declaración mineromedicinal e termal das augas que abrollan dunha sondaxe denominada O Baño nº 109, situada no punto que responde ás seguintes coordenadas (ETRS89, fuso 29): X=584.344 e Y=4.648.005.

Ourense, 11 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense