Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 21 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se relaciona no anexo para ser notificada por comparecencia.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para recoller ese emprazamento nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, situada na rúa Concello, número 11, 32071 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 21 de abril de 2022

Judith Fernández Novoa
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Resolución de reintegro por aboamento indebido.

Interesada:

NIF: 34964796N.

Importe: 64,97 €.

Período: do 27.2.2020 ao 29.2.2020.

Causa: percepcións indebidas por baixa voluntaria.