Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 21 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 08-04-2022/2.1.D e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37.bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que consideren oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

Para o coñecemento e a constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, durante ese prazo, poderán comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles ás persoas interesadas que se, transcorrido o devandito prazo, non achegan alegacións no tempo e na forma, se ditará a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificarlles a resolución pertinente.

Lugo, 21 de abril de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Vasile Valentín Danila

08-04-2022/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Vilalba

2

Ciprián Huluta

17-03-2022/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

3

Verónica Mangirea

08-03-2022/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Guitiriz