Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 20211230AE-PO e catro máis).

A instrutora ditou a resolución de arquivo do procedemento sancionador 20211230AE-PO e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza número 183/2021 do Tribunal Constitucional polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 21 de abril de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente

DNI da persoa interesada

Último enderezo coñecido

20211230AE-PO

53863686D

Retirosa, 82, 36940 Cangas

20211320AE-PO

76910619E

Rúa Llorente, 34, 1º D, 36202 Vigo

20211323AE-PO

34870884D

Rúa Llorente, 34, 1º D, 36202 Vigo

20211361AE-PO

35238968R

Rúa Luxemburgo, 8, 2º B, 36162 Pontevedra

20211364AE-PO

35241388Y

Rúa Luxemburgo, 8, 2º B, 36162 Pontevedra