Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2021-00006176 e nove máis).

Logo de tentar no tempo e na forma efectuar a notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para os efectos emprázanse as persoas interesadas que figuran no devandito anexo, por si ou a través da persoa que as represente legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se as persoas interesadas non comparecen nese prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interporse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interporse o recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2021-00006176

44656712G

Resolución do 21.2.2022

BS403B-2021-00006377

Y4256450S

Resolución do 21.2.2022

BS403B-2021-00006783

39456824W

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00007051

54322721X

Resolución do 21.2.2022

BS403B-2021-00008716

Q554375

Resolución do 10.2.2022

BS403B-2021-00008885

47363529C

Resolución do 7.3.2022

BS403B-2021-00009156

55475328H

Resolución do 10.2.2022

BS403B-2021-00011761

76996134T

Resolución do 10.3.2022

BS403B-2021-00011773

79331636J

Resolución do 11.3.2022

BS403B-2021-00013162

77000547C

Resolución do 31.1.2022