Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de abril de 2022 polo que se somete a información pública o proxecto de urbanización do polígono número 2 do parque empresarial de Xinzo de Limia (Ourense).

De conformidade co establecido pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia, sométese a información pública o proxecto de urbanización do polígono nº 2 do parque empresarial de Xinzo de Limia, Ourense, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/711) e presentar ante este organismo as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo