Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de obras de acondicionamento da contorna do centro social e escola infantil de Vilarrodís (expediente 2022/U040/000002).

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 20 de abril de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 1362/2022, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto de obras de acondicionamento da contorna do centro social e escola infantil de Vilarrodís-Arteixo.

Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº de predio

Ref. catastral

Propietario

Sup. catastral (m2)

Sup. afectada (m2)

1

2563114NH4926S0001HL

Figueroa Regueiro, María

2.027,00

1.936,14

2-A

2563120NH4926S0001LK

Hijos de Cándido Riveiro, S.L.

2.122,00

1.977,42

2-B

2563120NH4926S0001BL

Hijos de Cándido Riveiro, S.L.

473,00

100,96

3

2563115NH4926S0001QK

Veira Román, Matilde

1.191,00

1.069,25

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 21 de abril de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1513/2021)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo e Patrimonio