Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de abril de 2022 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III), Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, a aprobación inicial do proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III), Lugo.

Durante o devandito prazo calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo