Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de notificación a titulares ilocalizables para lembrarlles o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan son ilocalizables ou, intentada a súa notificación, esta resultou infrutuosa e, polo tanto, a notificación resultou imposible, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Parcelas de titulares ilocalizables/imposibles de notificar fóra do ámbito da parroquia prioritaria de San Pedro de Visma:

Ref. catastral

Localización

Data da inspección

Responsable

Superficie afectada (ha)

Liquidación provisional

15900A01000040

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32437536S

874,91 €

129,74 €

15900A01000040

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32282107C

874,91 €

129,74 €

15900A01000040

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32403520Q

874,91 €

129,74 €

15900A01000040

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32368496K

874,91 €

129,74 €

15900A01000040

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32427359G

874,91 €

129,74 €

15900A01000040

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32425681M

874,91 €

129,74 €

15900A00900187

Elviña (San Vicenzo)

21.10.2021

32350151F

3.545,82 €

208,15 €

15900A01000605

Elviña (San Vicenzo)

25.10.2021

32275622K

874,91 €

43,52 €

15900A01100133

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32347077S

874,91 €

68,23 €

15900A00700726

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32327342Z

1.688,89 €

172,48 €

15900A00800006

Elviña (San Vicenzo)

21.10.2021

A15058035

974,81 €

138,15 €

15900A01100323

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

25.10.2021

32298013X

3.545,82 €

3.155,41 €

15900A00800068

Elviña (San Vicenzo)

21.10.2021

32356186Q

1.688,89 €

21,34 €

7778676NH4977N

Elviña (San Vicenzo)

25.10.2021

32379351C

3.545,82 €

154,95 €

15900A01100392

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32332265S

874,91 €

159,35 €

15900A01100392

Elviña (San Vicenzo)

22.10.2021

32824834Q

874,91 €

159,35 €

1. En virtude do anterior, requírese as persoas responsables das parcelas que se relacionan nesta táboa para que procedan á xestión da biomasa e/ou corta das especies arbóreas previstas na disposición adicional 3ª da Lei 3/2007 (entre elas eucaliptos, piñeiros, acacias, toxo, xesta e silvas) nun prazo que finaliza o 31 de maio de 2022, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez finalizado o prazo anterior, o Servizo de Inspección Municipal procederá á inmediata comprobación da realización dos traballos ordenados.

No suposto de parcelas en que que existan afeccións sectoriais de aproveitamento (Camiño de Santiago, patrimonio cultural de Galicia, afección de ribeira-Augas de Galicia, afección de ribeira-CH do Miño-Sil), as persoas responsables deberán poñerse en contacto coa consellería ou organismo competente para cumprir cos pregos de condicións sectoriais que resulten de aplicación, co obxecto de cumprir coa obrigación citada dentro do prazo sinalado.

2. Lembrarlles ás persoas responsables das obrigacións de corta das especies arbóreas prohibidas que previamente á realización dos traballos deberán presentar ante a Consellería do Medio Rural unha declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos (código de procedemento MR604R).

3. Advertir expresamente ás persoas responsables das obrigacións anteriores de que, en caso de incumprimento da orde dada no prazo anteriormente sinalado, se producirán as seguintes consecuencias:

a) Execución subsidiaria da orde dada sen máis trámite, en que o Concello procederá á liquidación provisional dos custos previstos a que previsiblemente dará lugar tal execución subsidiaria, con advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada dos traballos necesarios para xestionar a biomasa por hectárea, segundo o tipo de traballos que haxa que realizar. Así mesmo, poderanse comisar as especies arbóreas prohibidas retiradas por esta Administración.

b) Incoación do correspondente procedemento sancionador. A autoridade competente para incoar e sancionar é a concelleira delegada de Medio Ambiente, por decreto de delegación de competencias da Alcaldía Presidencia (BOP nº 124, do 3 de xullo), ao abeiro do disposto no artigo 21 ter.2 da Lei 3/2007. A infracción cualificarase inicialmente como leve, segundo o artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, e poderá corresponderlle unha sanción de ata 1.000 euros, de acordo co disposto no artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, sen prexuízo do que poida resultar da instrución do expediente.

O anterior sen prexuízo de poder acudir á execución forzosa mediante a imposición dunha multa coercitiva de 1.000 a 10.000 euros; as multas coercitivas poderanse reiterar ata lograr a execución do ordenado.

A Coruña, 4 de abril de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26.6.2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente