En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise saber que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante Resolución da Alcaldía núm. 2022-0108, con data do 7 de abril, se aprobou a oferta de emprego público do Concello do Incio para o ano 2022, que comprende as prazas de persoal laboral fixo, dotadas orzamentariamente, e que se relacionan a continuación:
Núm. vacantes |
Denominación |
Escala/subescala |
Grupo |
Tipo de persoal |
Sistema de acceso |
1 |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Escala de administración especial |
A1 |
Persoal laboral fixo |
Concurso-oposición libre |
1 |
Operario de servizos varios |
Persoal de oficios |
AP |
Persoal laboral fixo |
Concurso-oposición libre |
O Incio, 7 de abril de 2022
Héctor Manuel Corujo González
Alcalde