Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26285

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 18 de abril de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 22 de febreiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, mediante a Orde do 22 de febreiro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 44, do 4 de marzo de 2022, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 22 de febreiro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o persoal funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como na daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Varela, María Montserrat.

DNI: ***3016**.

Grupo/subgrupo: A2.

Corpo/escala: 206X-corpo de xestión, escala de inspectoras e inspectores de consumo.

Código de posto: IN.O11.00.000.15770.095.

Denominación do posto: director/a técnico/a da Escola Galega de Consumo.

Nivel: 28.

Centro directivo: Instituto Galego de Consumo e da Competencia (Xerencia).

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.