Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26287

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro), polo que dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 21 de abril de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1 da resolución de convocatoria, superaron a proba tipo test as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto. Para estes efectos, nos criterios de superación da proba aprobados pola comisión no Acordo do 17 de setembro de 2021 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que terían a cualificación de apto as persoas aspirantes que acadasen corenta e oito (48) respostas correctas, tendo en conta que as respostas incorrectas non descontan e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Segundo. Feita a corrección na sesión do 21 de abril de 2022, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso de funcionarización que se cita, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Terceiro. De acordo co disposto na base II.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión