Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2022 Páx. 25298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2022, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Acibal, sito nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña, promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/6-4).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de marzo de 2022, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Acibal, sito nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña (Pontevedra), promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/6-4).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de marzo de 2022, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións

relativas ao proxecto do parque eólico Acibal, sito nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña (Pontevedra), promovido por Norvento, S.L.

(expediente IN661A 2010/6-4)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L., en relación coas autorizacións administrativas previa, de construción e a declaración de utilidade pública do parque eólico Acibal, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Acibal (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 12 MW e promovido por Norvento, S.L. (en diante, a promotora).

Segundo. Mediante Resolución do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, publicouse o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de xaneiro de 2014, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Acibal, situado nos concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro (Pontevedra), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2015).

Terceiro. O 29.5.2020, Norvento, S.L. presentou solicitude de modificación substancial para o proxecto denominado parque eólico Acibal (expediente IN661A 2010/6-4), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Cuarto. O 14.12.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu o informe de referencia do artigo 33.4 da Lei 8/2009, no cal indica o procedemento ambiental que hai que seguir e os organismos que hai que consultar durante a fase de información pública.

Quinto. O 1.2.2021 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m e se recollen os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.

Sexto. O 19.2.2021 esta dirección xeral remitiulle a documentación técnica da modificación substancial do proxecto do parque eólico Acibal á Xefatura Territorial de Pontevedra para a continuación da tramitación.

Sétimo. Mediante Resolución do 11 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra (en adiante, a xefatura territorial), someteuse a información publica o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto de modificación substancial do parque eólico Acibal, sito nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña, da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2010/6-4).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 14.4.2021 e no xornal Faro de Vigo do 14.4.2021. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Barro, Campo Lameiro e Moraña) e da xefatura territorial, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, así como durante a tramitación do expediente, as cales se recollen no anexo 1 desta proposta:

– Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

– Impactos ambientais severos.

– Fragmentación, para os efectos da avaliación ambiental, das infraestruturas asociadas ao parque ou as compartidas con outros proxectos industriais.

– Fragmentación moi severa do territorio, da paisaxe, dos hábitats e perda de biodiversidade.

– Incompatibilidade do proxecto desde o punto de vista urbanístico. A recualificación solicitada non ten amparo legal.

– O rexeitamento do EIA e das solicitudes presentadas e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licenza social. O proxecto implica un prexuízo significativo para o ambiente.

– Que se teña en conta que o Plan sectorial eólico de Galicia é un regulamento que non está adaptado á actual normativa de avaliación de impacto ambiental e que está desfasado, caduco e obsoleto e que carece de avaliación ambiental estratéxica.

– Que o estudo de impacto ambiental avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre: hábitats de conservación prioritaria, hábitats de interese comunitario, a paisaxe desde os miradoiros naturais mais coñecidos.

– Que o estudo de impacto ambiental avalíe a mortalidade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e nas liñas de evacuación, e a adopción de medidas eficaces para mitigala.

– Que o estudo de impacto ambiental avalíe os impactos acumulativos e sinérxicos cos outros parques eólicos (autorizados ou proxectados, incluídas as repotenciacións), así como das restantes infraestruturas asociadas (tendidos eléctricos, subestacións, pistas de acceso, etc.), nun raio de 10-15 km.

Oitavo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, Cellnex Telecom, S.A., Concello de Barro, Concello de Campo Lameiro, Concello de Moraña, Deputación Provincial de Pontevedra, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático), Consellería do Medio Rural (Dirección Xeral de Defensa do Monte) e Augas de Galicia.

Noveno. O 29.3.2021, a Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático emitiu un informe favorable á instalación do parque eólico Acibal. Con data do 30.7.2021 o promotor presentou a súa conformidade.

Décimo. O 6.4.2021 a xefatura territorial emitiu informe indicando que non existen dereitos mineiros afectados nin zonas de reserva a favor do Estado na provincia de Pontevedra.

Décimo primeiro. O 14.4.2021, Retegal achegou o correspondente condicionado, que establece que, unha vez construído o parque eólico, a promotora se comprometerá á realización dunha campaña de medidas de cobertura nas localidades da contorna, coa finalidade de comprobar que non se produciu perda ou degradación desta. Neste suposto, proporcionará os medios necesarios ou acometerá algunha actuación de extensión da cobertura que permita o restablecemento da calidade e a correcta recepción dos sinais TDT. O 4.5.2021, a promotora emitiu a súa resposta que foi remitida a Retegal o 25.5.2021.

Décimo segundo. O 27.4.2021, o Concello de Barro emitiu o correspondente condicionado técnico en relación coas instalacións do parque eólico. O 7.6.2021, a promotora presentou a súa conformidade.

Décimo terceiro. O 29.4.2021, Cellnex Telecom, S.A. achegou o condicionado técnico, en que comunica que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto, sempre e cando a promotora se comprometa a solucionar as posibles deficiencias que na recepción do sinal de televisión se poidan producir unha vez construído o parque eólico. O 18.6.2021, a promotora emitiu a súa resposta, que foi remitida a Cellnex Telecom, S.A. o 22.6.2021. O 13.7.2021, Cellnex Telecom, S.A. achegou a súa resposta e a promotora presentou a súa conformidade o 9.8.2021.

Décimo cuarto. O 30.4.2021, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado técnico en relación coas instalacións do parque eólico. O 26.5.2021, a promotora presentou a súa conformidade.

Décimo quinto. O 11.5.2021, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra emitiu informe en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, indicando os seguintes:

• A CMVMC de Perdecanai no concello de Barro.

• A CMVMC de Rebón no concello de Moraña.

• A CMVMC de Amil no concello de Moraña.

• A CMVMC de Fragas no concello de Campolameiro.

Décimo sexto. O 19.7.2021 a xefatura territorial efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Perdecanai, Rebón, Amil e Fragas) e concedeulles un prazo de quince días para presentaren as alegacións que considerasen oportunas. Transcorrido o dito prazo, recibíronse alegacións da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Amil e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sorrego Portopereiro, ás cales a promotora deu resposta o 7.9.2021.

Décimo sétimo. Por Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Acibal (expediente IN661A 2010/6-4), promovido por Norvento, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Décimo oitavo. O 9.8.2021, a Dirección Xeral de Defensa do Monte emitiu o correspondente condicionado técnico en relación coas instalacións do parque eólico. O 27.8.2021, a promotora presentou a súa conformidade.

Décimo noveno. O 16.9.2021 a xefatura territorial emitiu informe sobre o proxecto do parque eólico e remitiu o expediente a esta dirección xeral para continuar coa tramitación do procedemento.

Vixésimo. O 12.10.2021 a xefatura territorial recibiu da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra do 22.9.2021, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, informando favorablemente sobre a compatibilidade do aproveitamento forestal da modificación substancial do parque eólico Acibal.

Vixésimo primeiro. O 28.10.2021, a Deputación de Pontevedra emitiu o correspondente condicionado técnico en relación coas instalacións do parque eólico.

Vixésimo segundo. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello de Barro, Concello de Campo Lameiro e Concello de Moraña.

Formalizada a tramitación ambiental, o 13.12.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 13 de decembro de 2021 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 246, do 24 de decembro).

Vixésimo terceiro. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 12 MW, segundo os informes do xestor da rede do 15.12.2014 e do 29.5.2015, sendo a potencia instalada de 16 MW. Segundo o establecido no artigo 53.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, as autorizacións administrativas de instalacións de xeración poderanse outorgar por unha potencia instalada superior á capacidade de acceso que figure no permiso de acceso.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo 1 deste acordo, e resumidas no antecedente de feito sétimo, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora e as persoas afectadas durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

En canto as alegacións relativas ás actuacións para a delimitación exacta sobre o terreo das superficies afectadas, estas deberán realizarse na fase correspondente do expediente.

2. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, hai que indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13.12.2021, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental ao cal o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural, do Patrimonio Natural, de Emerxencias e Interior, e da Dirección Xeral de Saúde Pública, do Instituto de Estudos do Territorio, da Axencia Turismo de Galicia, de Augas de Galicia e do Concello de Barro.

3. Respecto ás alegacións sobre a falta de información aos afectados e de difusión e claridade da información pública cabe remitirse ao indicado no antecedente de feito oitavo, no cal se recollen as diferentes publicacións da Resolución do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 14.4.2021 e no xornal Faro de Vigo do 14.4.2021).

Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto da información pública estiveron á disposición de todas aquelas persoas interesadas nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña e na Xefatura Territorial.

Así mesmo, realizouse a notificación individual da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, aos titulares que figuraban na relación de bens e dereitos afectados.

4. As alegacións de carácter urbanístico, relativas á cualificación do solo correspondente aos terreos afectados, serán consideradas no momento de proceder á resolución da aprobación do proxecto de interese autonómico. No que respecta ás distancias aos núcleos de poboación, cómpre manifestar que o proxecto que se aproba mediante este acordo conta co informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como se recolle no antecedente de feito décimo sexto.

5. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «en canto non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997 e que o acordo se publicou no DOG do 15.12.1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo, este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

Cuarto. En relación coa compatibilidade entre o parque eólico e os dereitos mineiros que afectan a súa poligonal, a Xefatura Territorial emitiu informe o 6.4.2021 (antecedente de feito décimo). Neste último conclúese o seguinte:

• Non constan dereitos mineiros vixentes na provincia de Pontevedra na zona definida na documentación achegada.

• Non constan zonas de reserva a favor do Estado na provincia de Pontevedra nin se dispón de plan sectorial e/ou criterios orientadores en relación con el.

Quinto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o 12.10.2021 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remítelle á Xefatura Territorial informe sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados, do 22.9.2021, realizado polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Perdecanai, Rebón, Amil e Fragas), que se transcribe a continuación:

«Finalizado o trámite de audiencia con alegacións por parte de dúas comunidades afectadas, e visto o informe sectorial emitido por este servizo sobre a modificación substancial do proxecto do parque eólico Acibal, informo:

Existe un problema de titularidade non resolto sobre a propiedade de tres das parcelas entre dúas comunidades de montes que non constan como deslindadas, e os esbozos que foron confeccionados e serviron de base para a súa clasificación non poden converterse en proba definitiva do contorno do monte nin de titularidade destas ata que se realice o correspondente deslindamento.

Ademais, en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, infórmase favorablemente sobre a compatibilidade do aproveitamento forestal da modificación substancial do parque eólico de Acibal, sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque».

Sexto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Acibal, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13.12.2021, e recollida no antecedente de feito vixésimo primeiro deste acordo:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Acibal, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Acibal.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Acibal, sito nos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña (Pontevedra) e promovido por Norvento, S.L., para unha potencia de 12 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Acibal, composto polo documento Proxecto de execución do parque eólico Acibal, asinado polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro (colexiado nº 985/201 do Colexio Nacional de Enxeñeiros do ICAI) e visado no referido colexio co nº 0344/20 do 8.9.2021.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento, S.L.

Enderezo social: Ramón María Aller Ulloa, 23, 27003 Lugo.

Denominación: parque eólico Acibal.

Potencia instalada: 16 MW.

Potencia autorizada: 12 MW.

Produción neta: 43.975 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.665 h.

Concellos afectados: Barro, Campo Lameiro e Moraña (Pontevedra).

Orzamento de execución material (sen IVE): 9.421.337,75 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

534.178

4.709.784

2

531.376

4.709.784

3

531.376

4.705.786

4

534.211

4.705.786

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

AC01

532.810,87

4.708.121

AC02

532.461,87

4.708.631

AC03

532.965,87

4.707.833

AC04

532.599,87

4.708.306

Coordenadas da antena meteorolóxica do parque eólico:

Torres meteorolóxicas

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

TM_AC2

533.262,87

4.707.645,06

Coordenadas da subestación do parque eólico:

Subestación

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

SUB

532.434,41

4.708.265,97

ENV_1

532.399,7

4.708.250,7

ENV_2

532.415,2

4.708.289,3

ENV_3

532.465,3

4.708.269,1

ENV_4

532.450,5

4.708.232,3

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 4 aeroxeradores modelo SG155 ou similar de ata 4.000 kW de potencia, de ata 119 m de altura de buxa, ata 155 m de diámetro de rotor e ata 175 m de punta de pa.

– 4 centros de transformación de ata 5.500 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 20/0,69 kV, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador.

– 1 torre anemométrica autoportante de ata 119 m de altura equipada con anemómetros, cataventos, medidor de temperatura, medidor de presión e logger rexistrador.

– Rede de media tensión soterrada para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación 0,69/20 kV e a subestación transformadora 20/66 kV.

– Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador principal 20/66 kV de 9/12 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados (Perdecanai, Rebón, Amil e Fragas).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 70.660 euros. A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 3.1 do Real decreto 161/1997, do 7 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Caixa Xeral de Depósitos. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

5. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

6. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por este acordo se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas neste acordo e as demais que sexan de aplicación.

8. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver a recepción do sinal ás anteriores condicións de calidade.

9. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

11. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 13.12.2021, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO 1

Alegacións presentadas durante a tramitación do procedemento

César Pérez Gestido, en representación da Asociación do Monte Galego o 19.4.2021; Pedro Rodríguez López o 20.4.2021; Ismael Antonio López Pérez, en representación da Asociación Ambiental Petón do Lobo, o 20.4.2021; Carlos Penedo Casmartiño o 21.4.2021; Serafín González Prieto, en representación da Sociedade Galega de Historia Natural, o 21.4.2021; María Brasilia Louro Lago, en representación do Comité de Defensa das Rías Altas, o 22.4.2021; Miguel Varela Portas o 6.5.2021; Alicia López Pardo o 8.5.2021; Raquel Fernández Rodríguez, en representación de Amigos da Terra, o 14.5.2021.

ANEXO 2

Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Acibal

Nº parcela

Titular proposto

Parcela

Afeccións (m2)

Nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume

de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Referencia catastral

Pol.

Parc.

Zap.-plat.

Sub.

Vía/vía-gabia

OT

Concello de Moraña

1

MVMC de Acibal de Rebón

MVMC de Amil (por alegación)

MVMC de Sorrego Portopereiro (por alegación)

36032A045011770000IL

45

1177

Cardes

Matogueira

16.501

3.805

62.030

58.214

13.419

36032A045011920000II

45

1192

Cardes

Matogueira

36032A045011930000IJ

45

1193

Monte Acibal

Matogueira

2

MVMC de Amil

36032A045011920000II

45

1192

Cardes

Matogueira

 

 

6.480

 

338

36032A045011930000IJ

45

1193

Monte Acibal

Matogueira

Concello de Barro

3

MVMC de Perdecanai

36002A002006100000HW

2

610

Aurosa

Monte alto

 

 

10.216

 

1.240

36002A002008240000HJ

2

824

Campo Espiño

Monte alto

36002A092000070000HE

92

7

Campo da Eira

Monte alto

36002A092000450000HU

92

45

Campo da Eira

Monte alto

Concello de Campo Lameiro

4

MVMC de Fragas

36007A030006990000DZ

30

699

Mullerboa

Improdutivo

 

 

384

 

10.478

36007A030006980000DS

30

698

Mullerboa

Monte alto