Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24792

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación con determinados preceptos da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Conforme o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, en relación con determinados preceptos da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do
Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación con determinados preceptos da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 18/2021, do 27 de decembro,
de medidas fiscais e administrativas

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 14, 21, 22, 24, 25 e 26 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión de Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

 

Isabel Rodríguez García

Ministra de Política Territorial

 

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo