Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24794

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2022, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas do organismo.

Nesta publicación figuran tamén 4 postos de Xefatura Servizo Provincial da AXI aos cales lles foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación na Resolución do 14 de maio de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de maio de 2018, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da Axencia Galega de Infraestruturas (DOG núm. 97, do 23 de maio).

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Infraestruturas e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de abril de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file