Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de abril de 2022 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AC-59/2021, por infracción grave en materia de turismo (RITGA-E-2021-010430).

Pola presente cédula, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle a Milagros Castro Blanco, con enderezo no Camiño dos Vilares, 147 de Santiago de Compostela, a resolución da directora da Axencia Turismo de Galicia do 21 de marzo de 2022, do procedemento administrativo sancionador en materia de turismo pola comisión dunha infracción administrativa grave tipificada na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido efectuar.

A interesada poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a titular da Axencia Turismo de Galicia ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o disposto nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Comunícaselle que a resolución pon fin á vía administrativa sendo, por tanto, executiva. Os prazos para aboar o importe da multa son os seguintes: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este for inhábil, ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento, con suxeición ao disposto no Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022

Emilio José de la Iglesia Lema
Xerente da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: AC-59/2021.

Denunciada: Milagros Castro Blanco.

Establecemento: aloxamento irregular.

Enderezo: Camiño dos Vilares, 147, Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 35.a) da Lei 7/2011.

Tipo de infracción: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Cualificación: grave.

Resolución: 21 de marzo de 2022.

Sanción: 1.300,00 €.