Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 6 de abril de 2022 polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade urbanística POL/106/2019-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de febreiro de 2022, resolución no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número POL/106/2019-RP1 pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público terrestre consistentes na construción de tres casetas, dúas soleiras, unha canceira e un entaboado de madeira na rúa do Río, núm. 50, Xunqueira de Lagares, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade número 36074776N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística