Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

En caso de presistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste deberá facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, que poderá acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular salvo naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte dentro da parcela espacios físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio segundo o artigo 18.2 da C.E.

Se persiste no incumprimento despois do prazo outorgado, iniciarase o correspondente procedemento sancionador, competencia da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, dunha sanción leve cunha una multa de ata 1.000,00 €.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposción nas oficinas municipais do Concello de Vilamartín de Valdeorras, situadas na avenida Constitución, número 8, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Vilamartín de Valdeorras, 29 de marzo de 2022

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde presidente

ANEXO

Nº expte.

Ref. catastral

Persoa responsable

Liq. provisional de custos

290/2021

32089A003010480000QY

Isaac Barjacoba Vicente

110,40 €

290/2021

32089A003010500000QB

Isaac Barjacoba Vicente

128,80 €