Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24497

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de notificación aos interesados no procedemento de prevención e defensa contra os incendios forestais.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

En vista de que os titulares dos bens que se relacionan a continuación ignoran o lugar de notificación, comunícaselles ás persoas responsables o seu deber legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 21.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a continuación:

• Parcela 585, polígono 47, María Alonso Moure.

• Parcela 599, polígono 47, José Alonso Vidal.

• Parcela 601, polígono 47, Rosalía González Vázquez.

• Parcela 609, polígono 47, José Alonso Carpintero.

• Parcela 612, polígono 47, Manuel Domínguez Santamaría.

• Parcela 617, polígono 47, Carmen Estévez Santamaría.

Mediante este anuncio comunícaselles ás persoas responsables que dispoñen dun prazo máximo de quince días hábiles para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se computará a partir do día seguinte ao de publicación da notificación.

Transcorrido o dito prazo e, no caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa.

Ribadavia, 29 de marzo de 2022

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa