Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal, para a delimitación do solo do núcleo rural común de Magor.

O Pleno da corporación municipal, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2022, aprobou inicialmente a modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal, para a delimitación do solo de núcleo rural común de Magor.

De conformidade co disposto no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

Sanxenxo, 16 de marzo de 2022

María Deza Martínez
Alcaldesa accidental