Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección dunha praza de persoal laboral fixo, a media xornada, de traballador/a social.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 11 de marzo de 2022 aprobáronse as bases do proceso de selección de persoal laboral seguinte: unha (1) praza de persoal laboral fixo, a media xornada, traballador/a social do Concello de Mondariz-Balneario, asimilada á escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, grupo A, subgrupo A-2, incluída na oferta de emprego público do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 56, do 22 de marzo de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do Concello.

Mondariz-Balneario, 25 de marzo de 2022

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde