Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO das bases de condicións económico-administrativas para a adxudicación dos permisos para a actividade de escolas de surf e similares nas praias para a tempada 2022, 2023, 2024 e 2025, e para a adxudicación de instalacións de tempada, quioscos, no mesmo período.

Realízase anuncio para a concorrencia no procedemento de concesión de permisos para a actividade de escolas de surf e similares, así como para a instalación de tempada, quioscos, en zonas de dominio público marítimo-terrestre nas praias do concello de Valdoviño na tempada 2022, 2023, 2024 e 2025.

Mediante acordo do Pleno do Concello de Valdoviño, en sesión que tivo lugar o día 7 de abril de 2022, apróbanse as bases das condicións económico-administrativas para adxudicar os permisos para a actividade das escolas de surf e similares, así como para a instalación de tempada, quioscos, nas praias do concello de Valdoviño na tempada 2022, 2023, 2024 e 2025.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal.

As solicitudes poderán presentarse no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data deste anuncio no DOG.

Valdoviño, 11 de abril de 2022

Alberto González Fernández
Alcalde