Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/135-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Valladolid polo enxeñeiro industrial Francisco Javier Martínez Muñoz, colexiado número 14149 do COIIM, o día 5 de abril de 2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: I-De Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.; CIF: A95075578.

Domicilio: autovía Santo Adrián núm. 48, 48003 Bizkaia (Bilbo).

Denominación: modificado da LAT, 20 kV, chaira da ST da CH Santo Estevo de E/S á dita subestación, entre os apoios número 80 e 1.000.

Situación: concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).

Orzamento: 25.353,27 €.

Características técnicas: supresión da E/S na subestación da CH Santo Estevo, con novo tramo soterrado en bandexa para cablaxe que se instalará no interior da STR (enriba do resto de bandexas), cunha lonxitude de 315 m, con condutor tipo HEPRZ1 (AS) 12/20 kV 3(1×240) K AL+H16, retirando o paso A/S actual; a orixe da reforma é no pórtico de torre metálica número 80 e o final no pórtico de torre metálica, apoio número 1.000.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 29 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense