Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 6 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto do parque eólico Paradela, nos concellos de Paradela, Bóveda, Sarria e O Saviñao (expediente IN408A 2019/005).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación.

Antecedentes:

– O 4.1.2019, Green Capital Power, S.L. presentou perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Paradela (en diante, o parque eólico).

– O 6.5.2021 a promotora presentou a solicitude de modificación substancial para o parque eólico e a dirección xeral solicitou o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio, con data do 25.10.2021.

– Con data do 17.11.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, con data do 14.3.2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía enviou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao centro directivo, consonte o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (NIF B85945475).

Domicilio social: rúa Marqués de Villamagna, nº 3, planta 5ª, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Paradela 31,50 MW.

Situación: concellos de Paradela, Bóveda, Sarria e O Saviñao (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Serra das Penas.

Potencia instalada: 31,50 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7.

Produción neta anual estimada: 91,329 GW h/ano.

Orzamento de execución material: 32.536.815,05 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

P1

613.000,00

4.731.535,13

P2

619.456,72

4.731.622,81

P3

621.364,30

4.725.900,00

P4

613.000,00

4.725.900,00

Coordenadas da localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 (fuso 29)

Z

Concello

X

Y

PA-01

614.250

4.729.569

734,30

Paradela

PA-02

614.523

4.729.160

729,60

Paradela

PA-03

615.673

4.728.371

764,80

Paradela

PA-04

616.090

4.730.414

745,70

Paradela

PA-05

619.179

4.728.893

757,80

Paradela

PA-06

619.645

4.728.686

755,60

Paradela

PA-07

620.058

4.728.318

770,25

Paradela

Localización da torre meteorolóxica:

Datum ETRS89 (fuso 29)

Z

Concello

UTM-X

UTM-Y

619.723

4.728.275

765.00

Paradela

Localización da SET Paradela:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

615.114,01

4.730.202,81

Características técnicas principais das instalacións:

– Sete (7) aeroxeradores modelo Nordex N155 4,5 MW 120 HH ou similar, de 4.500 kW de potencia nominal unitaria cun diámetro de rotor de 155 m, montados sobre torres tubulares tronco-cónicas de 120 m de altura.

– Sete (7) centros de transformación instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 5.350 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,690/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, conformada polos cables de MT, con condutor tipo RHZ1-2OL-AL-H16C 18/30 kV, os cables de comunicación e os cables de terra, que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación elevadora Paradela, co obxecto de evacuar a enerxía xerada.

– Unha (1) torre meteorolóxica de 120 m de altura, con función de torre permanente do parque e capacidade autoportante.

– Subestación eléctrica elevadora Paradela 30/220 kV de intemperie, con dous niveis de tensión de simple barra, constituída por:

• Un parque de intemperie en que se instala unha posición liña-transformador en 220 kV con aparellaxe convencional illada ao aire.

• Un transformador de potencia 30/220 kV de 35 MVA.

• Un edificio de control que alberga nunha sala as celas compactas de MT, blindadas e illadas en SF6 e elementos auxiliares.

– Liña aérea de alta tensión de 220 kV, que transporta a enerxía xerada á subestación colectora de 220/30 kV que, pola súa vez, está interconectada coa SE Belesar 220 kV (REE). Lonxitude do novo tramo aéreo, 48 m, que ten o seu inicio no apoio AP1, que se vai instalar baixo a traza da LAAT 220 kV propiedade de ENEL, e o seu final nos pórticos da futura subestación transformadora Paradela 30/220 kV, que se localiza no municipio de Paradela. Condutor 242-AL1/39-ST1A (LA-280/HAWK).

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas dos aeroxeradores e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (de marzo de 2021) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (4 de agosto de 2021).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de marzo de 2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87, así como nos concellos de Paradela, Bóveda, Sarria e O Saviñao (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (despois da publicación no DOG), na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/paradela

Lugo, 6 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo