Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente-e IN407A 2021/149-1).

Expediente-e: IN407A 2021/149-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTS, CT e RBT Sende, concello da Pobra do Caramiñal.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Feitos.

1. O 5 de agosto de 2021 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado LMTS, CT e RBT Sende, concello da Pobra do Caramiñal.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 17 de setembro de 2021.

– DOG: 11 de outubro de 2021.

– BOP: 23 de setembro de 2021.

– Xornal La Voz de Galicia: 5 de outubro de 2021.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 27 de febreiro de 2022.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos:

• Concello da Pobra do Caramiñal: o concello emite informe o día 24 de setembro de 2021, onde indica o seguinte: «Aínda que a localización escollida está integramente nun núcleo rural, cumprindo coas condicións técnicas para este tipo de instalacións, non debería haber afección importante ao contorno, mais o recomendable sería desprazar a instalación a unha zona con practicamente nula afección aos núcleos de vivendas». Á vista do informe, UFD Distribución Electricidad, S.A. remite documentación xustificativa da idoneidade da localización da instalación, documentación que foi remitida ao concello. O concello non emitiu novo escrito de reparos, polo que se entende a conformidade coa contestación efectuada polo peticionario, segundo os artigos 124.4 e 131.4 do Real decreto 1955/2000.

• Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña-Servizo Provincial da AXI: tras ser enviada separata con data 10 de setembro de 2021, non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

• Augas de Galicia: tras ser enviada separata con data 10 de setembro de 2021, non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

a) Instalación dun CT prefabricado rural de 100 kVA. Entroncamento coa LMTA BOI804 mediante paso aéreo-soterrado no apoio existente de tipo HV 630/13, con matrícula 9K654 NH8/72-7. Substitución das actuais cadeas de suspensión por suspensión/derivación. Instalación dun elemento de manobra de tipo XS.

b) Tramo de liña de media tensión soterrada de 20 kV en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) cunha lonxitude de 85 metros. Discorrerá entubada por gabia baixo terra e calzada ata o novo CT; instalaranse dous puntos de acceso á rede.

As instalacións de baixa tensión descritas no proxecto deberán inscribirse no Rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión da Consellería de Enerxía, Empresa e Innovación, mediante o procedemento IN407D, de acordo coa Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión (DOG núm. 142, do 17 de xullo).

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña