Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica correspondente á conexión de nova LMTS na subestación Paizás e adecuación do CT Ponte Ulla (15CEK4) para alimentación do parque empresarial de Vedra, nos concellos de Silleda (Pontevedra) e Vedra (A Coruña) (expediente IN407A 2021/188-4).

Feitos:

1. O 18.8.2021 UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou, ante a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a infraestrutura eléctrica correspondente á conexión de nova LMTS na subestación de Paizás e adecuación de CT Ponte Ulla (15CEK4) para alimentación do parque empresarial de Vedra, a que se lle asignou o número de expediente IN407A 2021/188-4.

Con esta solicitude achegouse a seguinte documentación técnica, de conformidade coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica:

• Proxecto de execución denominado Proxecto para conexión de nova LMTS na subestación de Paizás e adecuación do CT Ponte Ulla-15CEK4 para alimentación do parque empresarial de Vedra-Concello de Silleda e Vedra, asinado polo graduado en enxeñaría eléctrica Rubén Fervenza Nicolás (colexiado nº 4.684 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo), con data doo 2.7.2021 e coa referencia expediente nº UD218319070199, e no cal figura un orzamento de execución material de 26.824,58 euros.

• Declaración responsable do técnico proxectista (incorporada no proxecto), segundo o exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 19 do Decreto 51/2011, do 17 de marzo (DOG núm. 65, do 1 de abril).

A infraestrutura eléctrica proxectada consiste en realizar a conexión dunha nova liña de media tensión soterrada (LMTS) na subestación de Paizás (en Silleda) e a instalación de celas no centro de transformación (CT) Ponte Ulla (15CEK4) para atender a subministración eléctrica do parque empresarial de Vedra. Esta infraestrutura localízase nos concellos de Silleda (Pontevedra) e Vedra (A Coruña) e está conformada polas seguintes instalacións/actuacións:

• Instalación de LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ1-2OL(S) 12/20 KV 3×(1×240) de 50 m de lonxitude, con orixe na cela de liña na subestación de Paizás e final no punto de acceso á rede existente no exterior xunto ao seu cerramento.

• Instalación no CT Ponte Ulla (15CEK4) de 50 kVA, de 3 novas celas de liña para realizar a entrada e saída da nova LMTS (obxecto doutro proxecto) e unha cela de acoplamento de barras.

2. O 17.11.2021, a xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas pola dita infraestrutura eléctrica, isto é, o Concello de Silleda e o Concello de Vedra.

A empresa promotora da infraestrutura eléctrica manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Vedra.

O Concello de Silleda non emitiu condicionado; en consecuencia, enténdese a súa conformidade coas autorizacións administrativas previa e de construción da infraestrutura eléctrica, conforme o disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. O 8.3.2022, a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do expediente IN407A 2021/188-4, deu traslado deste á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para os efectos de ditar a oportuna resolución. A xefatura territorial incorporou ao expediente o informe dos seus servizos técnicos, do 8.3.2021, en que se conclúe que non se presentan obxeccións técnicas para continuar coa tramitación do referido proxecto.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 20 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021), e no artigo único, punto 1.b).3º, do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é a seguinte:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

3. Informe emitido o 8.3.2022 polos servizos técnicos da xefatura territorial, en que se conclúe que non se presentan obxeccións técnicas para continuar coa tramitación do proxecto para a conexión da nova LMTS na subestación Paizás e adecuación do CT Ponte Ulla (15CEK4) para alimentación do parque empresarial Vedra-Concellos de Silleda e Vedra.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica correspondente á conexión de nova LMTS na subestación de Paizás e adecuación do CT Ponte Ulla (15CEK4) para alimentación do parque empresarial de Vedra, nos termos municipais de Silleda (Pontevedra) e Vedra (A Coruña).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Proxecto para conexión de nova LMTS en subestación de Paizás e adecuación do CT Ponte Ulla-15CEK4 para alimentación do parque empresarial de Vedra-Concellos de Silleda e Vedra, asinado polo graduado en enxeñaría eléctrica Rubén Fervenza Nicolás (colexiado nº 4.684 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo), con data do 2.7.2021 e coa referencia expediente nº UD218319070199, e no que figura un orzamento de execución material de 26.824,58 euros.

2. A empresa promotora (UFD Distribución Electricidad, S.A.) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa promotora realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderá dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais