Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 30 de marzo de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Piñeiro a favor dos veciños/as da parroquia de Castromao (Santa María), no concello de Celanova (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de marzo de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Piñeiro a favor dos/das veciños/as da parroquia de Castromao (Santa María), no concello de Celanova (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 24 de setembro de 2015, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que se solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Piñeiro.

Segundo. Con data do 23 de xuño de 2021, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No acordo de inicio de clasificación incluíronse as seguintes parcelas: a 5702 e 5034 do polígono 510, a 5563 do polígono 508 e a número 1 do polígono 65.

En relación coa parcela 5702 do polígono 510, os solicitantes presentaron un escrito de alegacións en que solicitan que se exclúan da clasificación 10.280 m2 da parte sur da referida parcela, xa que esa superficie pertence aos veciños de Castromao.

Respecto ás parcelas 5563 do polígono 508 e 1 do polígono 65, durante a tramitación do procedemento a CMVMC da parroquia de San Salvador de Vilanova dos Infantes presentou un escrito de alegacións en que manifestaba a súa desconformidade coa súa clasificación, xa que as considera da súa propiedade e se atopan inscritas ao seu favor no Catastro.

O Xurado Provincial acorda non incluír na clasificación definitiva as ditas parcelas, xa que na documentación existente no expediente non resulta acreditada a titularidade por parte dos veciños de Piñeiro. Se non hai acordo entre ambas as comunidades, considérase un asunto de propiedade cuxa competencia corresponde á xurisdición ordinaria.

Por outro lado, os/as veciños/as de Piñeiro tamén solicitan a clasificación das parcelas 5040 e 5071 do polígono 510, así como da 282 do polígono 48, non incluídas no acordo de inicio de clasificación. O Xurado acorda non incluílas, xa que respecto delas non se realizaron os trámites exixidos para o inicio da clasificación pola normativa de montes veciñais en man común, sen prexuízo de que os interesados poidan solicitar a clasificación das citadas parcelas nun novo procedemento.

O Xurado, de acordo coas consideracións realizadas, acordou a clasificación do monte, ben que excluíndo do acordo de inicio de clasificación as parcelas 5563 do polígono 508 e 1 do polígono 65, e reducindo a superficie da parcela 5702 do polígono 510, de acordo coas manifestacións realizadas polos veciños de Piñeiro.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Piñeiro.

Superficie: 29.208 m2 (2,92 ha).

Pertenza: veciños/as de Piñeiro.

Parroquia: Castromao (Santa María).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Parcelas obxecto de clasificación

Superficie (m2)

Parcelas estremeiras

32025A510005034

17.276

Norte

Polígono 510, parcelas: 5001, 5002, 5003, 5004, 5005, 5006

32025A510005702

11.932

Norte

Polígono 510, parcelas: 9004, 5044

Leste

Polígono 510, parcela: 5044

Sur

CASTROMAO_32025A51005702

Oeste

Polígono 510, parcela: 9004

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente, en réxime de comunidade sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común está acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Piñeiro a favor dos/das veciños/as da parroquia de Castromao (Santa María), no concello de Celanova (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 30 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense