Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 1503600002019R e dez máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes, sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 23 de febreiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F:

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15036002019R

32699252Z

Requirimento de documentación

16.11.2021

15078002520R

45874203J

Requirimento de documentación

13.12.2021

15030000721R

X47332004B

Requirimento de documentación

7.10.2021

15005000318R

23253372G

Requirimento de documentación

2.12.2021

15030042020R

49199165A

Requirimento de documentación

30.11.2021

15078003220R

458463900F

Requirimento de documentación

10.11.2021

15002005018R

Y161597G

Requirimento de documentación

22.12.2021

15030069418R

3297199K

Requirimento de documentación

21.12.2021

15030061220R

X7702325Q

Requirimento de documentación

28.12.2021

15030015720R

47632929W

Requirimento de documentación

2.12.2021

15030059721R

Y7661723T

Requirimento de documentación

21.12.2021