Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García.

Antecedentes:

Por Resolución do 19 de abril de 2021 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García (ABI/2017/0004).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. núm. 109, do 7 de maio de 2021), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 83, do 4 de maio), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Vedra e de Oleiros (A Coruña) por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento, o 17 de agosto de 2015 na residencia Geriatros de Oleiros, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vedra, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que ao menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, incluíndo na herdanza os acadados na sucesión da súa irmá premorta María Ramona Álvarez García e sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

– Código civil, artigos 657 e seguintes.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20.ter.1.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

– Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García, con DNI 33272378L, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Predio nº 613 da zona de concentración parcelaría de Santo André de Trobe, Vedra, A Coruña, de 150 m2, indivisible, que estrema: norte, parcela de concentración nº 612; sur, parcela de concentración nº 614; leste, parcela de concentración nº 614; e oeste, con camiño. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 002201100NH43E0001GX (antes: 15090A5050006130000AT).

Valor catastral: 1.774,00 euros.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número 1, no tomo 1217, do libro 112, folla 212, predio nº 11611.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Banco Pastor, conta: 0238 8102 780700200469 (antes: 0072 0134 48 0000215732).

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Vedra e Oleiros.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
de la Consellería de Facenda e Administración Pública