Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de produción eléctrica no concello de Carballo (expediente-e IN408A 2021/5-1).

Expediente-e: IN408A 2021/5-1.

Solicitante: EnergyWorks Carballo, S.L.

Denominación: modificación planta de coxeración (redución de potencia).

Concello: Carballo.

Antecedentes.

Primeiro. Pola Resolución do 1 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, concedeuse a Luis Calvo Sanz, S.A. a autorización para unha planta de coxeración en Carballo. O día 3 de decembro de 1997 aprobouse o proxecto de execución da instalación, que constaba de:

• Dous motores de combustión interna alternativos alimentados por fuel óleo, de 6.590 kW cada un.

• Dous xeradores síncronos trifásicos de 6.590 kVA cada un, con tensión de xeración a 6 kV.

• Unha subestación de transformación de relación de transformación 66/6 kV cun transformador de 16 MVA de potencia en intemperie.

• Un transformador de servizos auxiliares de 800 kVA e relación de transformación de 6/0,4 kV.

• Instalacións de almacenamento de combustible, de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Segundo. Pola Resolución do 24 de marzo de 1998, a Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia autoriza o cambio de titularidade e a subrogación de recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica da planta de coxeración de Luis Calvo, S.A. a Calvo Enerxía, S.A.U.

Terceiro. Pola Resolución do 3 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia autorizou o cambio de titularidade e subrogación do recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica da planta de coxeración de Calvo Enerxía, S.A.U. a Energyworks Carballo, S.L.

Cuarto. Con data do 28 de marzo de 2011, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia autorizou administrativamente e aprobou o proxecto de execución dunha modificación substancial da planta de coxeración Energyworks Carballo, S.L.

Quinto. Con data do 19 de novembro de 2012, a Delegación Territorial da Coruña, Xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria, e no seu nome o xefe do Servizo de Enerxía e Minas autorizou a posta en servizo da modificación substancial da planta de coxeración Energyworks Carballo, S.L.

Feitos.

Primeiro. O día 15 de xuño de 2021, Energyworks Carballo, S.L. solicita autorización para a modificación da potencia dos grupos motoxeradores, indicando que Caterpillar Energy Solution realizará o bloqueo sobre os limitadores mecánicos, nas barras de accionamento das bombas de inxección do motor, tanto no lado A como no lado B, lados esquerdo e dereito do motor, o que suporá unha potencia resultante da instalación do 70 % da orixinal.

Segundo. Presentan proxecto da modificación da planta asinado por Alberto Gómez Vázquez, enxeñeiro técnico industrial, nº de colexiado 1648 da Coruña, con declaración responsable do 14.6.2021, en que indican que a solicitude está motivada pola evolución das condicións de funcionamento do proceso industrial a que dá servizo a coxeración de Energyworks Carballo, concluíndo a conveniencia de modificar á baixa as producións da devandita instalación de coxeración, de modo que se adapten de forma máis axustada á demanda térmica da fábrica, mellorando o aproveitamento enerxético do conxunto.

Terceiro. O/os proxectista/s realiza/n declaración responsable, segundo o establecido no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e á Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria (DOG do 19 de marzo).

Cuarto. As características finais serán:

• Dous motores de combustión interna alternativos alimentados por fuel óleo, de 4.613 kW cada un.

• Dous xeradores síncronos trifásicos de 6.590 kVA cada un, con tensión de xeración a 6 kV.

• Unha subestación de transformación de relación de transformación 66/6 kV cun transformador de 16 MVA de potencia en intemperie.

• Un transformador de servizos auxiliares de 800 kVA e relación de transformación de 6/0,4 kV.

• Instalacións de almacenamento de combustible, de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Localización: UTM X: 523.704,58 Y: 4.783.581,94 ETRS89

Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, así como no Concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 4 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña