Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 21 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e IN407A 2021/212-1).

Expediente-e: IN407A 2021/212-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Mieites.

Concello: Boiro.

1. Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.291 m, coa orixe en apoio existente con matrícula 9NSWSGHX//35-14, condutor tipo LA-56 mm2 AL, e final no apoio proxectado C 2000/12.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 21 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/212-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Mieites.

Concello: Boiro.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións: ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2. CP (concentración parcelaria).

Nº de predio

Datos catastrais e CP

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso
de enerxía eléctrica

Pol./CP predio

Parc./CP

nº propiedade

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

954

81

Peón de Cures

Monte alto e baixo

MVMC Cures

Consellería do Medio Rural-Servizo de Montes

1 e 2

11.0

170.0

2.681.0

2

59

299

Peón de Cures

Monte alto

MVMC A Cuncheiraontes

Consellería do Medio Rural-Servizo de Montes

3, 4, 5, 6 e 7

10.0

830.0

12.726.0

3

59

266

Argote de Riba

Monte alto

Isabel Blanco García

14.0

41.0

4

59

265

Argote de Riba

Monte alto

María del Rosario Tubio Lamas

11.0

38.0

5

59

435

Torroeiras

Monte alto

María Celia Lourdes Piñeiro Eiras

1.0

1.0

6

59

434

Torreiras

Monte alto

Ramona Romero Otero

9.0

34.0

7

59

433

Torroeiras

Monte alto

José García Paz

8

2.0

23.0

166.0

8

59

210

Torroeiras

Monte alto

María González Brión

34.0

284.0

9

59

219

Torroeiras

Monte alto

María del Carmen González Tarrío

35

309

10

59

300

Súa Brañas

Labor ou labradío secaño

Carmen González Brión

9

16

11

59

215

Torroeiro

Monte alto

Manuel Canle Piñeiro

16

87

12

59

216

Agriño

Monte alto

Manuel Calo Abeijón

21.0

121.0

13

59

125

Torroeira

Monte alto

Pedro González Brión

1.0

3.0

14

59

213

Agriño

Monte alto

Manuel Calo Abeijón

0.0

3.0

15

CP

1297

CP

482

Torroeira

Rústico

María Carmen González Tarrío

16.0

123.0

16

CP

1291

CP

179

Agriño

Rústico

Manuel Calo Abeijón

1.0

17

CP

1295

CP

428

Torroeira

Rústico

Carmen González Brión

4.0

19.0

18

CP

1290

CP

177

Agriño e Carballo

Rústico

Francisco Calo Abeijón

53.0

642.0

19

CP

1287

CP

92

Lamela

Rústico

María Dolores Blanco Tubio

9

2.0

83.0

1.203.0

20

CP

1288

CP

306

Lamela

Rústico

Aurora González Brión

30.0

395.0

21

CP

1282

CP

306

Pormadoiro

Rústico

José Ramón García Abeijón

10 e 11(CT)

18.0

78.0

1.142.0

22

CP

1281

CP

12

Pormadoiro

Rustico

Francisco Manuel Abeijón Torrado

12.0

48.0