Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican unha serie de resolucións de recursos de alzada contra o acordo de reestruturación parcelaria de San Pedro de Benza (Trazo-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Rec.

Nome/DNI

Acto que se notifica

15

44816867X

Resolución de recurso de alzada

15

32808255C

Resolución de recurso de alzada