Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas, por comparecencia, do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas no ano 2019.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, da Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), dos luns aos venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do devandito acordo e a constancia de tal coñecemento.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas interesadas dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos consideren pertinentes. Transcorrido este prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas no ano 2019 (procedemento MR404A).

Acto de notificación: acordo de inicio de perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Persoas que se van notificar:

Expediente número: 27/50096/19.

DNI da persoa interesada: 34277628S.

Expediente número: 27/50150/19.

DNI da persoa interesada: 34283639T.