Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura no expediente 2020/290-36 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no procedemento instruído en relación cos expedientes que se relacionan no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si mesma ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderase interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código Civil.

Vigo, 11 de marzo de 2022

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2020/290-36, 2020/291-36 e 2020/292-36.

DNI: 35322151Q.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 17 de febreiro de 2022.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.