Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas no procedemento administrativo BS210A (expediente LU-0000049498 e seis máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos das notificacións realizados sen que fose posible efectualas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos de reintegro de prestacións, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 10 de marzo de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº expediente

Persoa interesada

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000049498

18127857Q

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

9.12.2021

LU-0000045635

34138992T

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

20.1.2022

LU-0000045193

33717235V

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

7.2.2022

LU-0000033773

14698903V

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

4.2.2022

LU-0000042930

33561172D

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

23.12.2021

LU-0000012715

34278199B

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

23.12.2021

LU-0000050855

33799606W

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

23.12.2021