Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de marzo de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada en Pontevedra (expediente PO-83/060, conta 74).

Ao abeiro do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requíreselles á aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada en Pontevedra, para que, unha vez acreditado o dereito a eles, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, núm. 7, Pontevedra (teléfono 986 80 56 15).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 29 de marzo de 2022

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

PO-83/060, conta 74

Comunidade hereditaria de Juan Enrique Rodríguez Ríos