Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 23006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio».

Á vista de que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a seguir:

Nº expte.

Titular/responsable

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

1213/2021

Gerardo Álvarez Martínez

36048A064003840000FM

O Outón

San Miguel de Tabagón

1239/2021

Hros. Antonio Lago González

36048A064004060000FQ

O Cruceiro

San Miguel de Tabagón

1287/2021

Hros. Edelmiro Álvarez Álvarez

36048A057000050000FI

O Carrascal

San Miguel de Tabagón

1364/2021

En investigación

36048A003002750000FP

O Carrascal

San Miguel de Tabagón

1398/2019

En investigación

36048A075000360000FK

Campo de Fóra

San Miguel de Tabagón

1546/2021

En investigación

36048A025001640000FD

As Cruces

O Rosal

1469/2021

Hros. Rómulo Vaquero Martínez

36048A068004300000FS

A Rúa da Cal

Tabagón

1552/2021

Hros. María Teresa Márquez Fernández

36048A064000190000FY

A Granxa

San Miguel de Tabagón

1552/2021

Hros. María Teresa Márquez Fernández

36048A063001190000FK

A Granxa

San Miguel de Tabagón

1593/2021

Palmira Gándara Padín

36048A063001630000FE

A Granxa

San Miguel de Tabagón

1594/2021

Hros. Manuel Rodríguez González

36048A063007360000FE

A Granxa

San Miguel de Tabagón

232/2022

Adosinda Vicente Cueto

36048A002001340000FY

Ameadelo

O Rosal

297/2022

Carolina Sexto Calleja

36048A049000860000FO

Pancenteo

O Rosal

En virtude do anterior, comunícase que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, disponse dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, e en caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá ao seu alleamento inmediato en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos.

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional: non estimada.

Advertencia:

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de predios, distancias de plantacións e xestión da biomasa do Concello do Rosal, do 7 de abril de 2021), para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación está á súa disposición nas dependencias municipais, situadas na praza do Calvario, nº 1, 36770 O Rosal, en horario de atención ao público.

O Rosal, 15 de marzo de 2022

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa