O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión celebrada 30 de marzo de 2022 aprobou as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal do grupo operativo da Sociedade (axente de aparcadoiro, axente de estación, axente de depósito, controlador/a).
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, no apartado convocatorias.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2022
José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA)