Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22836

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 45/2022, do 31 de marzo, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Noia, da totalidade da estrada AC-310 e de dous treitos das estradas AC-311 e AC-550, xunto co seu dominio público asociado.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón, no artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Noia solicitou o cambio de titularidade dun treito da estrada AC-311 (p.q. 2+700 a p.q. 3+530) e dun treito da estrada AC-550 (p.q. 72+450 a p.q. 72+830), correspondente este último ás rúas Rosalía de Castro e Costa do Ferrador. Os puntos quilométricos exactos destes treitos son do p.q. 2+700 ao p.q. 3+540 da AC-311 e do p.q. 72+440 ao p.q. 72+830 da AC-550.

Estes treitos solicitados polo Concello están categorizados funcionalmente polo Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia (Raega) como rede local. Discorren na súa totalidade polo concello e atravesan solos clasificados como urbanos polo instrumento de planeamento urbanístico vixente. Trátase de treitos cun marcado carácter local e urbano, sen funcionalidade dentro da Raega.

Os servizos técnicos autonómicos, tras comprobar que as transferencias son viables dado que hai alternativa viaria a través das estradas autonómicas AC-549 e AC-312, propoñen transferir unha maior lonxitude dos treitos solicitados polo Concello, así como a transferencia na súa totalidade da estrada AC-310, que carece de funcionalidade dentro da Raega polo seu marcado carácter local e urbano.

O Pleno do Concello de Noia, na sesión do día 24 de febreiro de 2022, amosa a súa conformidade aos cambios de titularidades propostos polos técnicos da Administración autonómica. Polo tanto, a Axencia Galega de Infraestruturas formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Noia, xunto co seu DPV asociado:

– Da totalidade da estrada:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

fuso 29

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

fuso 29

Lonx.

(km)

AC-310

Noia (AC-550)-Porto de Noia

0+000

X= 509.004

Y= 4.736.794

0+220

X= 508.912

Y= 4.736.984

0,22

– Dos treitos das estradas:

Clave

Treito

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

fuso 29

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

fuso 29

Lonx.

(km)

AC-311

Noia (AC-308)-Noia (AC-550)

2+200

X=510.291

Y=4.737.451

3+540

X=509.133

Y=4.736.868

1,33

AC-550

Noia (rúa de Pedra Sartaña)-Noia (Peirán do Marqués)

72+440

X=509.116

Y=4.737.093

72+830

X=509.009

Y=4.736.792

0,39

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir estes cambios de titularidade, eliminando do Catálogo a estrada AC-310 e corrixindo a nomenclatura das estradas AC-311 e AC-550.

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Noia deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade que se recollen este decreto.

Artigo 4

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 5

Correspóndenlle ao Concello de Noia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade